A Cachena é unha raza vacún autóctone galega, orixinaria do sul galego nas montañas fronteirizas da Baixa Limia e Xurés. Igual que outras razas de vacas no agro galego, a Cachena utilizábase para leite, carne, e para turrar dos carros e de arados.
As Cachenas foron indentificadas por primeira vez na Xeografía Xeral do Reino de Galicia de Vicente Risco en 1936. A raza foi salvada da extinción grazas a un programa da Xunta de Galicia nos anos 1990.