Información de Envío e Entrega

 

Envío da túa encomenda

Ao mercares algún produto da nosa tenda internet TendaGaliza.com primeiro esperaremos a recibir o teu pagamento, tralo cal confirmaremos a túa compra enviándoche un email ao enderezo de correo electrónico que nos diches no momento de facer a túa encomenda.

Enviaremos a túa encomenda dentro de 3 días laborais desde que recibamos o teu pagamento. A partir de aquí, o tempo estimado de tránsito postal do teu envío é o seguinte:

Tempo de tránsito postal (Galiza e resto dos países da Unión Europea)
O tempo estándar de entrega é de 10 días laborais a partir da data na que o seu envío sexa feito. Notifícanos por favor antes de realizar a túa compra se necesitas a encomenda para unha data inmediata, para que che poidamos confirmar se nos é posible facerche a entrega a tempo por unha mensaxería máis rápida.

 

Tempo de tránsito postal (envíos internacionais - EUA e resto do mundo)


A partir da data na que foi deixado o teu envío en Correos, a túa encomenda tomará aproximadamente 2 semáns en chegar ao teu enderezo.


Regras de Devolución

Se por calquer razón tes que cancelar ou cambiar a túa encomenda, ponte por favor en contacto connosco axiña para que che demos as instruccións de devolución. Podes devolver calquer produto dentro de 14 días a partir da data na que che foi enviado, sempre que o produto siga novo e non usado tal como cho enviamos. Ten en conta que TendaGaliza.com non vai correr cos gastos de correos da túa devolución, mais só coa devolución do importe da compra. Se nos envías de volta algún produto, lembra de envialo por un servizo de correo certificado, xa que non nos podemos facer responsables de envíos que non recibamos.



Máis información:
» Termos e Condicións de Servizo
» Pagamento Seguro - Métodos de Pago
» Política de Privacidade
» Contacto

Pago Seguro

Transaccións realizadas en servidor seguro.
Le Métodos de Pago e Privacidade para máis información.

Nas Redes Sociais