Carneiro, fillo da ovella, non erra quen aos seus se asemella. (Refrán tradicional galego)
Tamén coñecido en galego como Año, Rexelo ou Rixelo, o Carneiro é un dos sustentos tradicionais de alimentación no rural galego, e máis ainda, tempo atrás, o gando ovino era realmente un piar esencial da economía agrícola galega e non había casa que non tivera ovellas e carneiros: ata mediados do século XVIII, o noso país contaba con 2 millóns de ovellas. Daquela, a xente de cada aldea xuntaba as súas ovellas nun grande rabaño -sistema de pastoreo chamado Veceira ou Viceirra- que aínda se conserva hoxe nas montañas de Maceda de Trives e nalgunhas outras zonas das serras galegas.
Envolto sempre nun cobertor, que faga frío ou calor. (Adiviña tradicional galega)