Deprecated: Non-static method JSite::getMenu() should not be called statically, assuming $this from incompatible context in /home/tendagal/public_html/templates/gk_shop_and_buy/lib/framework/helper.layout.php on line 148
Deprecated: Non-static method JApplication::getMenu() should not be called statically, assuming $this from incompatible context in /home/tendagal/public_html/includes/application.php on line 536
Corzo do Invernadoiro
Prezo: 24,75 €
Corzo de peluche, medidas aprox: 30cm
O Corzo é un mamífero hervívoro tradicionalmente moi aprezado nas terras altas da Galiza. É o animal salvaxe galego máis garboso e elegante, co seu alto pescozo e patas delgadas.
Na antiga mitoloxía celta os cervos brancos estaban considerados como animais especiais que podían pasar entre o mundo dos vivos e o Alén. Nas lendas dos países celtas aparecen belas mulleres convertidas en cervos brancos que fuxen do cazador, como na lenda do castelo de Doiras, na Comarca dos Ancares.
No noso país podemos encontrar cervos principalmente nas Serras Orientais (Ancares, Courel, Queixa e Trevinca) e nunha pequena parte do noroeste da Dorsal Galega. Nas Serras Orientais, un dos lugares onde é máis fácil ver cervos é no Parque Natural do Invernadoiro, nos Montes do Invernadoiro, Comarca de Viana. O Corzo deu tamén nome a unha das pistas de esquí máis difíciles da Galiza, a "Pista dos Corzos" na estación de Manzaneda.