Andoriña de 17cm aprox. Agarimoso peluche cun auténtico chio dixital cando o apretas. Compañeiro perfeito para xogos de imaxinación e contos para os cativos (e adultos!)
Tamén coñecida cos nomes de Andolía ou Colandrilla, a Andoriña é un paxaro que ten unha estreita relación cos humáns. Ao alimentárense principalmente de insectos, as andoriñas eran xeralmente toleradas pola xente. É típico ver os seus niños circulares de barro nas casas, alpendres e outras construccións humáns nas aldeas.
Consideradas frecuentemente protectoras dos fogares, unha popular lenda cristiá galega conta que as andoriñas tiraron as espiñas da coroa que levaba Xesucristo -e por esa razón non había que molestalas nen irlle aos niños. En Padrón, Co. O Sar, a Virxe de Padrón leva unha andoriña na coroa e por iso corre un cantar que di "O Señor bendiga â ave que leva nosa Señora".
No folclore galego, a Andoriña tamén está asociada ao agoiro do tempo: "Andoriña que alta voa non teme que chova" ou "Andoriña que voa a rentes da terra, chuvia venta"