Tamén coñecida en galego como Lóndrega, a Londra é un mamífero típico dos ríos galegos.
Xogantina, intelixente e curiosa, a londra prefire vivir en lugares tranquilos e por esa razón ten principalmente hábitos nocturnos.
As londras gustan de xogar coa corrente da auga dos ríos, son capaces de mover pedras e mirar baixo delas, e cazan río arriba contracorrente para que as troitas non as detecten.
A contaminación que sofren as augas de moitos dos nosos ríos fixo que a londra desaparecese de moitas partes do país, mais en zonas naturais como o río Arnoia en Allariz é aínda normal ver xogar as londras.