Deprecated: Non-static method JSite::getMenu() should not be called statically, assuming $this from incompatible context in /home/tendagal/public_html/templates/gk_shop_and_buy/lib/framework/helper.layout.php on line 148
Deprecated: Non-static method JApplication::getMenu() should not be called statically, assuming $this from incompatible context in /home/tendagal/public_html/includes/application.php on line 536
Bandeira do Couto Mixto
Prezo: 9,07 €
Bandeira de O Couto Mixto
O Couto Mixto foi un microestado galaico existente desde a Idade Media até o ano 1868, situado entre os Reinos da Galiza e Portugal na actual Comarca da Limia.
Cun relativamente extenso autogoberno para aquela época, o Couto Mixto foi unha excepción política comparable a outros microestados europeus como Mónaco, San Marino ou Liechtenstein.
En tempos recentes, afeizoados á vexiloloxía reinventaron esta bandeira engadíndolle un escudo no centro, seguindo o costume que se adoita facer na tradición vexilolóxica española. Na vexiloloxía europea, as bandeiras nacionais non adoitan ter escudos (o uso de escudos sobre bandeiras na vexiloloxía europea está restrinxido ás institucións do Goberno, o que se chaman "Bandeiras de Estado").
A bandeira do Couto Mixto, descrita en 1907 polo penúltimo Xuíz gobernante do microestado, Sr. Delfín Brandón, está formada por duas franxas verticais, branca (na parte do mastro) e azul, sen escudo. Detalles: » Tamaño: 150x90 cm. » Material: poliéster. Para uso interior ou moderado uso exterior. » A bandeira ten dous aneis laterais de metal para izala nun mastro.