Na antiga mitoloxía celta, e logo no folclore galego, os corvos estaban asociados coa morte e pensábase que cando voaban adoito ó redor dunha casa onde houbese algún doente era sinal de que morrería de contado, como lembra a cantiga:
"Corvo agoireiro Vaite lixeiro, Que nesta porta Non hai carne morta"
A reputación esotérica do corvo fai que apareza frecuentemente como animal de compaña das meigas, moitas veces participando nos seus rituais.
A sobriedade e rudeza destes animais inspirou ao Bardo Pondal, que no seus poemas Queixumes dos Pinos adicou uns versos aos "Feros Corvos de Xallas":
Feros corvos de Xallas Que vagantes andás, En salvaxe compaña, Sen hoxe nin mañán; Que poidera ser voso compañeiro Pola gándara longa!