O moucho é un ave cazadora que aniña en árbores, tobos, covas ou alpendres, e ten un papel biolóxico importante no agro galego xa que contribúe a regular as poboacións de ratos e insectos. É un ave nocturna e silenciosa, caza de noite en total escuridade e pode voar sen facer nengún ruído.
Na antiga mitoloxía celta, e logo no folclore galego, os mouchos eran considerados mensaxeiros da morte e críase que os seus berros anunciaban o pasamento dunha persoa coñecida. Por mor desta crenza a xente prefería evitar o moucho, como reflexa a cantiga tradicional recollida por Rosalía de Castro no seu “Cantares Gallegos”:
Eu ben vin estar o moucho enriba daquel penedo. ¡Non che teño medo, moucho! ¡Moucho, non che teño medo!
A reputación esotérica do moucho fai que apareza frecuentemente como animal de compaña das meigas, moitas veces participando nos seus rituais. Un dos lugares de maior tradición meiga no país é o cromlech da Eira das Meigas no sagrado Monte Neme, Comarca de Bergantiños, onde segundo a lenda xuntábanse as meigas no solsticio de San Xoán para facer os seus meigallos.