O Burro, tamén coñecido como Xumento, é un dos animais máis útiles e traballadores no rural galego.
É un animal moi dócil e de bó caracter. No folclore galego o burro é un animal moi respeitado, e del pensábase que podía prever a choiva, como dí o refrán: Se os burros ornean moito, non sairás enxoito. Polo contrario, se o burro se envorca no pó, é un anuncio de bó tempo.
Tradicionalmente, utilizábase o burro como animal de carga ou de traballo, para o transporte de xente e da colleita, para tirar do carro ou -ás veces- do arado.
Lembrando o uso tradicional do burro como antigo medio de transporte no rural, na vila de Escairón, Terra de Lemos, celébrase todos os anos no Campo da Lama a máis famosa carreira de burros de Galiza: a Carreira de Burros de Escairón.