No folclore galego, o morcego foi sempre asociado á escuridade e o alén, ao máxico e ás meigas.
En Barreiros, na Co. Mariña Oriental, encóntrase o círculo lítico de A Roda. O único henge localizado fóra da illa da Gran Bretaña, duns 50 metros de diámetro, A Roda de Barreiros é un lugar que ten visto pasar moitos morcegos nas noites dos seus 3700 anos de maxia.