Deprecated: Non-static method JSite::getMenu() should not be called statically, assuming $this from incompatible context in /home/tendagal/public_html/templates/gk_shop_and_buy/lib/framework/helper.layout.php on line 148
Deprecated: Non-static method JApplication::getMenu() should not be called statically, assuming $this from incompatible context in /home/tendagal/public_html/includes/application.php on line 536
Poster - Gallaecia Regnum 1640
Prezo: 21,00 €
Detalles do Produto: » Reproducción do mapa do Reino de Galiza "Gallaecia Renum", feito polo cartógrafo galego Fernando Ojea (1560-1615) e impreso nos Países Baixos no prestixioso obradoiro de Willem Blaeu cara o ano 1640.
Os mapas de Ojea tiveron unha grande transcendencia na heráldica galega pois Ojea modificou o Escudo do Reino dándolle só seis cruces en troques do seu tradicional campo sementado de cruces. A partir destes mapas, comezouse a abandoar o tradicional deseño do Santo Graal sobre campo sementado de cruces, en favor do moderno Graal arrodeado por seis cruces que Ojea deseñou nos seus famosos mapas.
Tamén tivo transcendencia a lenda "HOC MYSTERIVM FIRMITER PROFITEMVR" (Profesamos Firmemente Este Misterio) sita baixo o Escudo do Reino e repetida por varios autores en épocas posteriores como lenda heráldica do Reino de Galicia.
No mapa aprécianse curiosidades como a antiga toponimia céltiga do Cabo Fisterra (Artabrum Celticum Nerium Pro), as Insulae Deorum referíndose ás Illas Cíes, ou Ogrobe aparecendo aínda como unha illa separada da Galicia continental.
Na esquina inferior occidental do mapa aparece Atlas, o mítico titán e rei de Atlantis, o outrora próspero reino asolagado que segundo a lenda encontrábase na fisterra atlántica do mundo coñecido.
Este mapa Gallaecia Regnum foi impreso polo célebre Willem Blaeu, editor e cartógrafo oficial da Vereenigde Oost-Indische Compagnie -Compañía Comercial Neerlandesa das Indias Orientais- e un dos máis importantes cartógrafos da Europa.
Este mapa está disponible en cinco tamaños: » 59 x 42 cm (A2) » 70 x 50 cm (B2) » 84 x 59 cm (A1) » 100 x 70 cm (B1) » 118 x 84 cm (A0)