Asterix e Obelix, os famosos heroes galaicos (...ou eran galos???) cos que medraron milleiros de rapaces galegos.
Neste xogo, é tempo de desquite: os románs veñen de construir un forte na sagrada chaira de Lugh, onde os galaicos lucenses celebran o seu Oenach (a xuntanza anual máis importante de todos os clans do norte da Gallaecia). Coa axuda de Asterix e Obelix, e un pouco de poción máxica, esta é a túa oportunidade para mudar a historia de Galicia. Por Tutatis! por Breogán!
Detalles do produto:
+ Xogo de 816 pezas do estilo Lego, compatibles coa maioría de bloques de construcción.
+ Campo román con tres torres de garda (unha delas destruíble), ariete, prisión, escaleiras, dous andares, e mesa con copóns.
+ Contén 8 figuriñas: Asterix, Obelix, un centurión e 5 lexionarios románs.
+ Medidas da caixa: 49 x 30 x 7 cm.
+ Idade recomendada: a partir de 5 anos. Estimula a creatividade,imaxinación e interacción.