Deprecated: Non-static method JSite::getMenu() should not be called statically, assuming $this from incompatible context in /home/tendagal/public_html/templates/gk_shop_and_buy/lib/framework/helper.layout.php on line 148

Deprecated: Non-static method JApplication::getMenu() should not be called statically, assuming $this from incompatible context in /home/tendagal/public_html/includes/application.php on line 536
Bandeira Militar Galega

Bandeira Militar Galega


Prezo: 9,06 €

De todos os rexementos militares galegos, o máis lonxevo de todos foi o Rexemento Galicia. A súa orixe data de pouco despois de 1715 trala amalgama dos rexementos da Coruña, Lugo e Ourense.

A súa enseña era unha adaptación militar da bandeira do Reino da Galiza, cun campo vermello representando o sangue, e coas típicas cruces militares estilo paté.

O Rexemento Galicia foi un dos varios rexementos militares galegos ao servizo dos reis de Borbón, unha dinastía real de orixe francesa que continúa como Casa reinante na España e Luxemburgo. De todas as campañas na que loitou o Rexemento Galicia, a máis coñecida é a Batalla de Glenshiel, Escocia, en alianza cos exércitos xacobistas leais á Casa escocesa dos Stewart.

O Rexemento Galicia foi disolto e restaurado varias veces trala abolición do Reino da Galiza en 1833. O nome do Rexemento Galicia actual lévao unha unidade de infantería de élite sediada en Navarra e con cuartel en Aragón. Unha versión da enseña do antigo Rexemento foi adoptada como bandeira e escudo oficial do Concello de Mondoñedo a finais do século XX.

Detalles:
» Tamaño: 150x90 cm.
» Material: poliéster. Para uso interior ou moderado uso exterior.
» A bandeira ten dous aneis laterais de metal para izala nun mastro.

Mostra este artigo aos teus amigos:

Pago Seguro

Transaccións realizadas en servidor seguro.
Le Métodos de Pago e Privacidade para máis información.

Nas Redes Sociais