Detalles: » Reproducción da Cruz da Victoria, feita no ano 908 polo rei Afonso III. Benefactor da peregrinación a Santiago de Compostela, o rey doou unha cruz á Catedral de Santiago e outra á Catedral de Oviedo. En 1906 a cruz galega foi roubada da Catedral de Santiago e non se volveu a recuperar. A copia asturiá todavía se conserva na Catedral de Oviedo. A Cruz da Victoria é un símbolo de Asturias e desde 1990 figura na bandeira da rexión asturiá. » Feita en prata de lei cun baño de ouro de 0,3 micras, e repuxada con pedras de zirconita de cores imitando o deseño da Cruz orixinal. » Tamaño: 25 x 17mm, » Vai cunha cadea de prata, tamén revestida en ouro como a Cruz. » Ideal para levar en días especiais. A xoiaría con baño de ouro pode perder o seu brilo ou o seu baño de ouro se non se mantén con delicadeza (non a leves á praia, piscinas, ducha...). Mantén a peza sen contacto coa auga e luz do día para que a Cruz e cadea manteñan o seu brilo durante moitos anos.