O Teixugo, tamén coñecido como Melandro, Porcoteixo, Teixo ou Tourón, é un animal característico do rural galego.
A característica típica do Teixugo é a súa pelaxe negra con bandas brancas. Animal noiturno e por tanto raro de ver, algúns Teixugos organízanse en clans ou familias e toman parella para toda a vida.
Antigamente, no rural galego utilizábase o unto de Teixugo para tratar o mal de oido, e a pata de Teixugo como amuleto contra o meigallo.
O Teixugo encóntrase por toda Galiza, e moi especialmente no seu hábitat natural: os bosques autóctonos de árbores caducifolias como os que aínda se encontran na Comarca d'A Paradanta.