O rebezo é un animal salvaxe emparentado coa cabra que vivía na alta montaña galega, en pequenos grupos, alimentándose dos pastos de montaña. Na serra de Trevinca, o sistema montañoso máis alto da Galiza con varios picos por riba dos 2000 metros, o rebezo foi cazado ata a extinción na década dos 1970. Actualmente sobreviven algúns exemplares nas serras dos Ancares e de Queixa.