Peluche Rato de Celeiro

Rato de Celeiro


Prezo: 9,99 €
Rato de peluche, medida aprox: 11cm (24cm de lonxitude total incluindo a cauda)

O Rato é un roedor mamímero moi importante no ecosistema natural, pois serve de alimento principal na dieta de moitos predadores.

É un animal moi presente no folclore galego, ainda que non precisamente aprezado, pois pola súa habilidade os ratos podían entrar nos celeiros e comer a colleita.

   Entrou o rato no meu celeiro
   e fíxose o meu herdeiro.
   (Refrán tradicional galego)

   Meu sogro ten dous piornos
   e miña sogra ten tres,
   en ningún deles os ratos
   topan un grau que roer.

   (Cantiga tradicional galega)

No folclore galego tíñase que para esconxurar eficazmente os ratos compría sinalar o lugar ao que debían ir e onde poderían manterse.

Na arquitectura tradicional galega, para gardar a colleita dos ratos inventáronse construccións funcionais típicas na nosa paisaxe rural: os hórreos, cabazos e piornos.
Mostra este artigo aos teus amigos:

Pago Seguro

Transaccións realizadas en servidor seguro.
Le Métodos de Pago e Privacidade para máis información.

Nas Redes Sociais