Pardal de 17cm aprox. Agarimoso peluche cun auténtico chio dixital cando o apretas. Compañeiro perfeito para xogos de imaxinación e contos para os cativos (e adultos!)
De tal niño, tal paxariño.
Cada Pardal co seu igual (Refráns tradicionais galegos)
O Pardal é un dos paxaros máis comúns no país. O hábitat natural do Pardal son os espazos rurais cultivados, onde se alimentan de insectos e sementes. É tamén coñecido por ser un dos poucos paxaros que habitan en aglomeracións urbanas densamente poboadas como Vigo, a cidade máis grande do país.