Deprecated: Non-static method JSite::getMenu() should not be called statically, assuming $this from incompatible context in /home/tendagal/public_html/templates/gk_shop_and_buy/lib/framework/helper.layout.php on line 148
Deprecated: Non-static method JApplication::getMenu() should not be called statically, assuming $this from incompatible context in /home/tendagal/public_html/includes/application.php on line 536
Kilt Royal Stewart (Tartan Xacobista)
Prezo: 38,83 €
Detalles do produto: » Kilt de calidade feito co deseño vermello do Tartan Royal Stewart, o tartan persoal dos reis escoceses xacobistas da dinastía dos Stewart. » O Tartan é o deseño de cadros co que está feito o kilt. » Os primeiros reis escoceses considerábanse descendentes das tribos Gaélicas que invadiron a Caledonia procedentes do reino da Brigantia na Callaecia. » No ano 1335 o corazón do famoso rei escocés Robert the Bruce foi traído en peregrinaxe a Santiago de Compostela, seguindo as ordes que deu o Rei antes de morrer. » Despois de Robert the Bruce, seis reis escoceses da dinastía dos Stewart levaron o nome de James (Santiago) en honor ao Santo Patrón de Galicia. Os partidarios dos Stewart durante os séculos XVI e XVII chamábanse Jacobites, ou 'Santiaguistas'. » O pretendente santiaguista Charles Edward Stewart foi o derradeiro Stewart que visitou Galicia. En 1740 visitou Betanzos, a antiga cidade de Brigantia de onde procedían os seus devanceiros, antes de marchar ao seu último intento de recuperar a Coroa. » Confeccionado en tela tartán de 5 iardas, 13 onzas de peso por iarda, en tela acrílica de propriedades e parecido idéntico á la. » O kilt ten dúas correias de coiro para axustar o kilt ao corpo, permitindo alargar ou estreitar a prenda uns 10 cm. » Esta saia celta ou Kilt é ideal para festivais celtas, vodas, eventos deportivos, festas de temática galega, eventos históricos...
Ao terminares a túa compra, envíanos por favor a medida exacta da túa cintura, á altura do embigo, para asegurármonos de que recebes o talle de kilt axeitado para a túa medida.