Detalles do produto: » Kilt de calidade feito co tartan "Weathered Black Watch", un tartan que lembra as cores outonais dos antigos teares galegos tradicionais. » O tartan é o deseño de cadros co que está feito o kilt. » Este tartan é bastante popular en Galiza por mor da súa similaridade cos tartans antigos utilizados en filmes escoceses como "Outlander", "Braveheart" ou "Rob Roy". » Particulamente ideal para festividades de temática histórica -celtoantiga ou medieval-, ou simplesmente para calquer persoa que goste dun kilt en tonos outonais. » Confeccionado en tela tartán de 8 iardas, 13 onzas de peso por iarda, en tela acrílica de propriedades e parecido idéntico á la. » O kilt ten dúas correias de coiro para axustar o kilt ao corpo, permitindo alargar ou estreitar a prenda uns 10 cm.
Ao terminares a túa compra, envíanos por favor a medida exacta da túa cintura, á altura do embigo, para asegurármonos de que recebes o talle de kilt axeitado para a túa medida.