Bandeira dos Catro Reinos da Irlanda Contén os símbolos dos catro reinos históricos da Irlanda (Ulster, Leinster, Connacht e Munster). Esta bandeira é usada pola Irish Rugby Football Union e a World Curling Federation para representar a unión deportiva de toda a illa de Irlanda.
Detalles: » Tamaño: 150x90 cm. » Material: poliéster. Para uso interior ou moderado uso exterior. » A bandeira ten dous aneis laterais de metal para izala nun mastro.
Podes ler unha interesante información histórica sobre a orixe destas bandeiras e a súa relación mitolóxica con Galicia en www.bandeiragalega.com/celt/irlanda.htm