Ola, queres traballar para TendaGaliza?

 

Vamos abrir tenda física na Coruña e Santiago de Compostela a partir de xuño 2023.

Estamos a buscar unha persoa que nos axude como dependente/a da tenda física. Queres traballar connosco?

TendaGaliza é unha pequena empresa internet de agasallos galegos. Levamos dúas décadas exportando a imaxe do país polo mundo adiante: desde galegos na emigración que buscan artigos galegos para decorar a súa casa, a extranxeiros que visitaron Galiza e queren un souvenir do país, a xente galega que utiliza os nosos artigos todos os días para mostrar a súa galeguidade. De saias celtas a bandeiras históricas galegas, de camisolas deportivas a xoiaría celta galega. Probablemente teñas visto algún dos nosos produtos pola rúa ou nalgunha festa.

Gostarías de traballar para unha pequena empresa que foi creada para facer país espallando artigos de temática galega e popularizando a nosa historia?

A nós, gostaríanos de ter a sorte de encontrar unha persoa honesta, que teña interese no país e neste xeito de facer país. Non necesitas experiencia de traballar en tendas (nós tampouco tiñamos cando comezamos). O principal é ter interese no proxecto e unha vontade de que a tenda física funcione o mellor posible.

Tes curiosidade? Pensas que se cadra che podería interesar? Contacta con Anxo en This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.. Dille ola, cóntalle un pouco para comezar sobre quen es, onde vives, cómo es como persoa, que cousas che interesan na vida. En caso teñas algunha experiencia relacionada con tendas ou con algo relacionado co que facemos, menciónao por favor. Dinos se buscas emprego a xornada completa ou a tempo parcial, e lembra de deixarnos un telefone de contacto para que te poidamos chamar e continuar a conversa.

(Se isto non é para ti, mais coñeces a alguén que puidese querer traballar para TendaGaliza, pásalle este anuncio por favor)

Moitas grazas por teres lido até aquí e polo teu interese en TendaGaliza :-)

Anxo

Pago Seguro

Transaccións realizadas en servidor seguro.
Le Métodos de Pago e Privacidade para máis información.

Nas Redes Sociais