Peluches

Animais do País en peluche de calidade para rapaces galegos. Os animais de peluche son os xoguetes e amiguiños de compaña máis queridos polos cativos, e con estes animais os teus rapaces poderán compartir historias dos Ancares, do Xallas, da Terra Chá, e de moitas outras partes da nosa terra. Son tamén ideais para que os maiores os usen como decoración para darlle un ar enxebre na casa ou no coche.


Rato de Celeiro

Prezo: 9,99 €

O Rato é un animal moi presente no folclore galego, e grazas a el inventáronse os hórreos, cabazos e piornos. Peluche de 11cm.

Rá de Cospeito

Prezo: 10,12 €

A rá é un anfibio típico dos ríos e lagoas galegas. Peluche de 28cm.

Morcego de Barreiros

Prezo: 10,26 €

O morcego é un dos animais galegos típicamente asociados á noite, ao alén, á maxia. Peluche de 25 cm.

Pequeno Ourizo Cacho da Ulloa

Prezo: 12,60 €

Cos seus pequenos olliños, fociño aguzado, patiñas curtas e andar tardeiro, o Ourizo Cacho é un dos animais salvaxes máis simpáticos do rural galego. Peluche de 10cm.

Londra de Allariz

Prezo: 15,88 €

Xogantina, intelixente e curiosa, a londra é un mamífero típico dos ríos galegos. Peluche de 40cm.

Lavanco Macho de Doniños

Prezo: 13,21 €

O lavanco é o parrulo salvaxe máis común na Galiza. Peluche de 16cm que chía cando o apretas.

Polbo do Carballiño

Prezo: 14,39 €

O polbo é un dos animais máis característicos da gastronomía galega, e non hai feira típica no país na que falte o caldeiro e as racións de polbo. Peluche de 30x30cm.

Pita de Ourense

Prezo: 14,55 €

A galiña é un dos animais que nunca faltaba en calquer casa do rural galego. Peluche de 18cm.

Lumbrigante de Corcubión

Prezo: 17,89 €

O esquisito lumbrigante, rei das típicas mariscadas galegas. Peluche de 40cm.

Esquío de Ortigueira

Prezo: 15,81 €

O esquío autóctone galego, o esquío roxo, é un animal simpático que se encontra nos bosques de caducifolias e coníferas. Peluche de 17cm.

Coello común do país

Prezo: 15,99 €

O coello é un dos animais máis comúns na paisaxe rural galega. Peluche de 20cm.

Moucho de Bergantiños

Prezo: 15,99 €

A reputación esotérica do moucho fai que apareza frecuentemente como animal de compaña das meigas. Peluche de 20cm.

Corvo do Xallas

Prezo: 19,99 €

Na antiga mitoloxía celta, e logo no folclore galego, os corvos estaban asociados co Alén. Peluche de 30cm.

Teixugo da Paradanta

Prezo: 17,46 €

Animal tradicional do rural galego, a característica típica do Teixugo é a súa pelaxe negra con bandas brancas. Peluche de 30x15cm.

Vaca de Sarria

Prezo: 22,47 €

A vaca frisona galega, característica coas súas cores branca e negra, é típica da paisaxe das comarcas produtoras de leite en Galiza como a Co. Sarria. Peluche de 40cm.

Mico do País

Prezo: 18,87 €

Tamén coñecido como Mico ou Micho, o gato é un dos animais máis típicos da casa rural galega. Peluche de 20cm.

Raposo de Arteixo

Prezo: 19,69 €

Intelixente e matinador, o raposo é un dos animais máis característicos do agro galego. Peluche de 25x20cm.

Rebezo de Trevinca

Prezo: 19,83 €

O rebezo é un animal salvaxe emparentado coa cabra que vivía na alta montaña galega. Peluche de 28cm.

Xabarín de San Marcos

Prezo: 20,69 €

Animal popular na heráldica galega e do resto das fisterras celtas, o xabarín é tamén o protagonista do programa xuvenil de máis éxito na televisión galega, o Xabarín Club. Peluche de 30 cm.

Cerviño do Invernadoiro

Prezo: 21,40 €

Animal garboso e elegante, de alto pescozo e patas delgadas, o Cervo é un mamífero tradicionalmente moi aprezado no rural galego. Peluche de 38cm.

Carneiro de Maceda

Prezo: 22,99 €

"Envolto sempre nun cobertor, faga frío ou calor". É o carneiro, un dos animais máis típicos do rural galego. Peluche de 28cm.

Porco Celta

Prezo: 23,99 €

O Porco Celta é a antiga raza de cocho autóctona da Galiza. Peluche de 33 cm.

Burriño de Escairón

Prezo: 25,87 €

O burro é un dos animais máis útiles e traballadores no rural galego. Peluche de 26cm.

Pago Seguro

Transaccións realizadas en servidor seguro.
Le Métodos de Pago e Privacidade para máis información.

Nas Redes Sociais