Cerviño do Invernadoiro

Cerviño do Invernadoiro


Prezo: 21,40 €

Cerviño de peluche, medidas aprox: 28cm

O Cervo é un mamífero hervívoro tradicionalmente moi aprezado no rural galego. É o animal salvaxe de Galicia máis garboso e elegante, co seu alto pescozo e patas delgadas. O cervo é tamén o único mamífero ao que lle medran hastas novas cada ano -só nos machos adultos, xa que as femias e os cerviños non teñen hastas.

Na antiga mitoloxía celta os cervos brancos estaban considerados como animais especiais que podían pasar entre o mundo dos vivos e o Alén. Nas lendas dos países celtas aparecen belas mulleres convertidas en cervos brancos que fuxen do cazador, como na lenda do castelo de Doiras, na Comarca dos Ancares.

No noso país podemos encontrar cervos principalmente nas Serras Orientais (Ancares, Courel, Queixa e Trevinca) e nunha pequena parte do noroeste da Dorsal Galega. Nas Serras Orientais, un dos lugares onde é máis fácil ver cervos é no Parque Natural do Invernadoiro, nos Montes do Invernadoiro, Comarca de Viana.

Mostra este artigo aos teus amigos:

Pago Seguro

Transaccións realizadas en servidor seguro.
Le Métodos de Pago e Privacidade para máis información.

Nas Redes Sociais