O lavanco é o parrulo salvaxe máis común na Galiza. Peluche de 16cm que chía cando o apretas.
Lavanco macho de 17cm aprox. Agarimoso peluche cun auténtico chio dixital cando o apretas. Compañeiro perfeito para xogos de imaxinación e contos para os cativos (e adultos!)
O lavanco é o parrulo salvaxe máis común na Galiza. O aspecto do macho na época reprodutora é moi característico: gris co peito e o lombo castaños, cola negra, cabeza de cor verde metálica cun anel branco na parte inferior e o peteiro amarelo agrisado. Na parte posterior das asas ten unha banda azul con beira branca, ben visible cando voa.
Un dos mellores lugares no país onde ver lavancos é o espazo natural da Lagoa de Doniños, Comarca de Ferrol, onde hai un observatorio ornitolóxico.
Notice: Undefined property: VirtueMartViewProductdetails::$cat_productdetails in /home/tendagal/public_html/mmp_upgrade/templates/gk_shop_and_buy/html/com_virtuemart/productdetails/default.php on line 437