Kilt (saia celta) feita co tartan nacional bretón, ideal para mostrar a amizade e conexión histórica entre Galiza e a Bretaña. Ideal tamén para a xente das comarcas do nor-leste, nas terras da antiga provincia de Bretoña.
Detalles do produto: » Kilt de calidade feito co tartán nacional bretón. » O tartan é o deseño de cadros co que está feito o kilt. » O tartan representa as cores da bandeira da Bretaña, branco e negro, e máis o azul e verde representando o mar e a terra. » Ideal para todos os galegos que queiran mostrar a sua amizade ou conexión histórica entre a Galiza e a Bretaña, ou simplesmente para calquer persoa que goste dun kilt nestas cores. » Ideal tamén para a xente das comarcas do nor-leste galego, as terras do antigo bispado ou provincia episcopal de Britonia no reino baixomedieval da Gallaecia. » Confeccionado en tela tartán de 5 iardas, 13 onzas de peso por iarda, en tela acrílica de propriedades e parecido idéntico á la. » O kilt ten dúas correias de coiro para axustar o kilt ao corpo, permitindo alargar ou estreitar a prenda uns 10 cm. » Esta saia celta ou Kilt é ideal para festivais celtas, vodas, eventos deportivos, festas de temática galega, eventos históricos...
Ao terminares a túa compra, envíanos por favor a medida exacta da túa cintura, á altura do embigo, para asegurármonos de que recebes o talle de kilt axeitado para a túa medida.
Notice: Undefined property: VirtueMartViewProductdetails::$cat_productdetails in /home/tendagal/public_html/mmp_upgrade/templates/gk_shop_and_buy/html/com_virtuemart/productdetails/default.php on line 437