Poster - Gallitia, Triumphzug Kaiser Maximilians, 1513


Prezo: 21,00 €

Detalles do Produto:
» Reproducción do estandarte do Reino de Galicia na Triumphzug Kaiser Maximilians ou "Marcha Triunfal do Emperador Maximilian", feita polo ilustrador xermano Albrecht Altdorfer entre 1513-1515.


A Triumphzug Kaiser Maximilians ou "Procesión Triunfal do Emperador Maximilian" é unha obra de ilustracións encarregada polo Emperador Maximilian para demonstrar o esplendor do seu dominio.

Maximilian I (1459-1519) foi un dos emperadores máis influintes do Sacro Imperio Romano-Xermánico e da historia da Europa. Mediante guerras ou políticas dinásticas, Maximilian expandiu o goberno da Casa de Habsburg sobre a maior parte da Europa continental. En 1498 anexionou os reinos da península hispánica, incluído o Reino de Galicia, casando o seu fillo Philipp I de Brugge (Filipe o Fermoso) coa futura raína de Aragón e Castela.

Realizada entre os anos 1513 e 1518, a Triumphzug Kaiser Maximilians ilustra unha procesión de todos os reinos europeos en posesión do Emperador Maximilian I. A procesión vai encabezada por grupos ordenados de cazadores, músicos, e destacamentos militares de infantería e cabaleiría, que dan paso aos Bannerträger ou estandartes de cada un dos reinos do Imperio de Maximilian, entre os cais se encontra o Reino de Galicia.

O cabaleiro ou estandarte do Reino de Galicia está vestido elegantemente e porta unha valiosa xoieria de ouro e pedras preciosas. O estandarte do Reino, nas súas cores tradicionais en Azul Real (Bleu Roy) e dourado, mostra unha raíña vestida coas Armas do Reino de Galicia a carón da Bandeira e o Escudo do Santo Graal.

Unha das mellores obras do Renacemento xermano, a Triumphzug Kaiser Maximilians foi realizada polos mellores ilustradores europeos da época, entre os cais estaban Albrecht Altdorfer, Albrecht Dürer e Hans Burgkmair. A ilustración do cabaleiro do Reino de Galicia foi realizada entre 1513-1515 por Albrecht Altdorfer, o famoso grabador, pintor, arquitecto, e principal representante da Escola de Pintura do Danubio.

Este mapa está disponible en dous tamaños:
» 70 x 50 cm
» 85 x 60 cm

Mostra este artigo aos teus amigos:

Pago Seguro

Transaccións realizadas en servidor seguro.
Le Métodos de Pago e Privacidade para máis información.

Nas Redes Sociais