Poster - Gallaecia Regnum 1640


Prezo: 21,00 €

Detalles do Produto:
» Reproducción do mapa do Reino de Galiza "Gallaecia Renum", feito polo cartógrafo galego Fernando Ojea (1560-1615) e impreso nos Países Baixos no prestixioso obradoiro de Willem Blaeu cara o ano 1640.

Os mapas de Ojea tiveron unha grande transcendencia na heráldica galega pois Ojea modificou o Escudo do Reino dándolle só seis cruces en troques do seu tradicional campo sementado de cruces. A partir destes mapas, comezouse a abandoar o tradicional deseño do Santo Graal sobre campo sementado de cruces, en favor do moderno Graal arrodeado por seis cruces que Ojea deseñou nos seus famosos mapas.

Tamén tivo transcendencia a lenda "HOC MYSTERIVM FIRMITER PROFITEMVR" (Profesamos Firmemente Este Misterio) sita baixo o Escudo do Reino e repetida por varios autores en épocas posteriores como lenda heráldica do Reino de Galicia.

No mapa aprécianse curiosidades como a antiga toponimia céltiga do Cabo Fisterra (Artabrum Celticum Nerium Pro), as Insulae Deorum referíndose ás Illas Cíes, ou Ogrobe aparecendo aínda como unha illa separada da Galicia continental.

Este mapa Gallaecia Regnum foi impreso polo célebre Willem Blaeu, editor e cartógrafo oficial da Vereenigde Oost-Indische Compagnie -Compañía Comercial Neerlandesa das Indias Orientais- e un dos máis importantes cartógrafos da Europa.

Este mapa está disponible en tres tamaños:
» 70 x 50 cm
» 84 x 64 cm
» 120 x 92 cm

Mostra este artigo aos teus amigos:

Pago Seguro

Transaccións realizadas en servidor seguro.
Le Métodos de Pago e Privacidade para máis información.

Nas Redes Sociais