Porco Celta Pequeno


Prezo: 6,74 €

Porco Celta de peluche, medidas aprox: 12cm


O Porco Celta é a antiga raza de cocho autóctona da Galiza.

Salvado da extinción grazas a un programa do goberno galego en 1998, o Porco Celta é un animal omnívoro, de carácter social e moi intelixente. O Porco Celta é particularmente aprezado pola alta calidade da súa carne.

Tradicionalmente, os porcos gardábanse no cortello, que ás veces ocupaba parte da corte xunto con outros animais. Comían nunha maseira de madeira ou pedra onde se lle botaban berzas, landras, nabizas e patacas. Na costa sul do país dábaselle unha alga chamada botella que se misturaba cun caldo de berzas con fariña de millo. Nas montañas galegas deixábanos ceivos perto das casas e comían principalmente landras e castañas.

Mostra este artigo aos teus amigos:

Pago Seguro

Transaccións realizadas en servidor seguro.
Le Métodos de Pago e Privacidade para máis información.

Nas Redes Sociais