Pequeno Ourizo Cacho da Ulloa


Prezo: 6,60 €

Pequeno Ourizo Cacho de peluche, medidas aprox: 10cm

O Ourizo Cacho, tamén coñecido como Ourizo Cacheiro, é un animal que esperta unha grande simpatía entre os galegos.

Cos seus pequenos olliños, orellas redondeadas, fociño aguzado, patiñas curtas e andar tardeiro, o Ourizo Cacho é un dos animais salvaxes máis pándegos do rural galego.

A característica típica do Ourizo Cacho son as pugas de que está revestido. Cando o animaliño sinte perigo, envólvese nunha bóla de pugas contra a que os seus inimigos naturais son impotentes.

No rural galego o Ourizo Cacho é un animal moi beneficioso e respeitado, xa que se alimenta de lesmas, insectos e outras especies danosas para os cultivos.

O Ourizo Cacho encóntrase por toda Galiza, e moi especialmente no seu hábitat natural: os bosques autóctonos de árbores caducifolias como os que hai por toda a Comarca d'A Ulloa.

Mostra este artigo aos teus amigos:

Pago Seguro

Transaccións realizadas en servidor seguro.
Le Métodos de Pago e Privacidade para máis información.

Nas Redes Sociais