Kilt Royal Stewart (Tartan Xacobista)


Prezo: 38,83 €

Detalles do produto:
» Kilt (saia celta) feita co deseño vermello do Tartan Royal Stewart, o tartan persoal dos reis escoceses xacobistas da dinastía dos Stewart.
» O Tartan é o deseño de cadros co que está feito o kilt.
» Os primeiros reis escoceses considerábanse descendentes das tribos Gaélicas que invadiron a Caledonia procedentes do reino da Brigantia na Callaecia.
» No ano 1335 o corazón do famoso rei escocés Robert the Bruce foi traído en peregrinaxe a Santiago de Compostela, seguindo as ordes que deu o Rei antes de morrer.
» Despois de Robert the Bruce, seis reis escoceses da dinastía dos Stewart levaron o nome de James (Santiago) en honor ao Santo Patrón de Galicia. Os partidarios dos Stewart durante os séculos XVI e XVII chamábanse Jacobites, ou 'Santiaguistas'.
» O pretendente santiaguista Charles Edward Stewart foi o derradeiro Stewart que visitou Galicia. En 1740 visitou Betanzos, a antiga cidade de Brigantia de onde procedían os seus devanceiros, antes de marchar ao seu último intento de recuperar a Coroa.
» Kilt feita con tela acrílica e cun tartan estándar de 6 iardas.
» Esta saia celta ou Kilt é ideal para festivais celtas, eventos deportivos, festas de temática galega, eventos históricos...

Tabela de talles
Para saberes cal é a talle ideal do teu kilt, é necesario medir o perímetro da cintura. Para máis información visita: www.tartan.galician.org/kilt-gallaecia.htm#instruccions

Talle do Kilt
Medida da cintura
Adulto - Pequena 81 cm
Adulto - Media 86 cm
Adulto - Media-Larga 96.5 cm
Adulto - Larga 106.7 cm
Adulto - Extra Larga 116.8 cm


Ao terminares a túa compra, terás una casiña de "Comentarios" onde nos podes enviar a medida exacta do perímetro da túa cintura. Envíanos por favor a túa medida exacta para asegurármonos de que recebes o talle de kilt axeitado para a túa medida.

Mostra este artigo aos teus amigos:

Pago Seguro

Transaccións realizadas en servidor seguro.
Le Métodos de Pago e Privacidade para máis información.

Nas Redes Sociais